O verán con Tomasiño “ xurdiu da necesidade de poder conciliar o mundo laboral dos pais coas vacacións dos seus fillos.
A través desta iniciativa inténtase promover unha educación en valores e fomentar o cooperativismo a través de actividades de animación e tempo libre, logrando así un desenvolvemento persoal positivo do neno/a. Engadimos a isto, a experiencia enriquecedora que supón a convivencia de nenos/as de diferentes idades nun contexto diferente ao habitual.
As actividades que se levan a cabo son de carácter lúdico-educativo, dirixidas e supervisadas por profesorado do centro.
Características do campamento:
- Duración : do 23 de xuño ao 31 de xullo.
- Inscripción: diaria, semanal, quincenal ou completa.
- Horario : Campamento de 9:00 a 14:00.
- Servicio aula matinal de 8:30 a 9:00.
- Servicio aula sobremesa de 14:00 a 14:30.
Aquí vos deixamos o formulario de inscripción.
¡¡¡¡¡ ANÍMATE A PARTICIPAR!!!!!!