NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN:
DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG Núm. 53, venres, 15 de marzo de 2013)
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG Núm. 22, mércores, 1 de febreiro de 2017)
ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG Núm. 256, martes, 22 de decembro 2020)
Para visualizar pinchar aquí.
VACANTES CURSO 2022/2023 | |||
CURSO | NÚMERO DE PRAZAS OFERTADAS | NÚMERO PERMANECIAS | VACANTES |
4ºEI (3 ANOS) | 25 | 0 | 25 |
5ºEI (4 ANOS) | 25 | 23 |
2 |
6ºEI (5 ANOS) | 25 | 25 | 0 |
1º EP | 25 | 22 | 3 |
2º EP | 25 | 25 | 0 |
3º EP | 25 | 25 | 0 |
4º EP | 25 | 25 | 0 |
5º EP | 25 | 25 | 0 |
6º EP | 25 | 25 | 0 |
1º ESO | 30 | 26 | 4 |
2º ESO | 30 | 29 | 1 |
3º ESO | 30 | 35 | 0 |
4º ESO | 30 | 26 |
4 |
NOTA INFORMATIVA:
1. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
3. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión
RESERVA DE PLAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN:
- 11 de xaneiro ao 8 de febreiro (Anexo I, Orde do 25 de xaneiro de 2017) (código de procedemento ED550A)
PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN:
- 1 ao 21 de marzo: (Modelo ED550B-anexo II e anexo II bis) "Lembre que só poderá presentar a solicitude nun único centro"
- Presentación de documentación para aplicación dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión (entre o 24 de marzo e o 6 de abril, ambos incluídos)
- Antes do 25 de abril: Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos
- Antes do 15 de maio: Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:
- 20 ao 30 xuño: Educación Infantil e Primaria.
- 25 xuño ao 10 xullo: Educación Secundaria Obligatoria.
- 1 ao 10 setembro: Prazo extraordinario para Educación Secundaria Obligatoria.
DOCUMENTACIÓN A APORTAR:
Para admisión:
- Impreso da solicitude (Modelo ED550B-anexo II e anexo II bis)
- Fotocopia DNI do alumno (no caso de telo) e dos proxenitores, e fotocopia do Libro de Familia
- No caso de separación/divorcio, fotocopia da sentencia que adxudica a tutela
- Certificado de matrícula que poña o nivel estudiado no curso académico 2020/2021.
A solicitude de admisión será única e poderá presentarse de forma presencial na secretaría do centro, ou de forma electrónica a través da aplicación admisionalumnado.
Para posible baremación:
Cando a demanda de prazas escolares sexa superior á oferta, o centro abrirá un prazo para presentar, de forma presencial no centro, a documentación xustificativa dos criterios xerais de admisión alegados pola persoa solicitante.
Non obstante, no caso de que a persoa o autorizase expresamente na solicitude, consultarase de forma automática a traves de admisionalumnado e non será necesario acreditar os datos relativos a:
- IRMÁNS MATRICULADOS NO CENTRO: Fotocopia completa do Libro de Familia (Páxinas escritas)
- NAI/PAI/TITORA/TITOR QUE TRABALLE NO CENTRO EDUCATIVO: A acreditación deste criterio realizarase polo propio centro, incorporando ao expediente a documentación que proceda
- PROXIMIDADE DO CENTRO AO DOMICILIO FAMILIAR OU LUGAR DE TRABALLO: Certificado Padrón Municipal ou certificado expedido polo titular da empresa xunto cunha copia do contrato de traballo
- RENTA FAMILIAR: Cubrir Anexo II co importe total das casillas base impoñible xeral (435)+ base impoñible de aforro (460) da declaración que corresponda ao exercicio fiscal anterior en dous anos ao ano natural no que se presenta a solicitude, dividido entre o número de membros da unidade familiar
- FAMILIA NUMEROSA: Fotocopa do Título de Familia Numerosa en vigor
- FAMILIA MONOPARENTAL: Certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ou pola autoridade competente doutras administracións públicas.
- DISCAPACIDADE: Certificado de minusvalía en vigor do/a alumno/a, irmán/á ou pai/nai/superior ao 33%
- CRITERIO COMPLEMENTARIO APROBADO POLO CONSELLO ESCOLAR (familiares de persoas que forman ou teñan formado parte da comunidade educativa do centro ata cuarto grao): Certificado do centro, titulación académica ou libros de familia segundo sexa necesario en cada caso
Para matrícula:
- Fotocopias DNI pais
- Fotocopia Libro de Familia
- Foto Carnet do alumno/a
- Código conta bancaria
- Certificado escolarización (primaria e secundaria) *
* SI PROCEDE
CRITERIOS DE BAREMACIÓN:
Cando o número de solicitudes de admisión é superior ao número de prazas ofertadas como vacantes polo centro, deberán ser baremadas tendo en conta os seguintes criterios:
IRMÁNS NO CENTRO
Un irmán: 8 puntos
Seguintes: 2 puntos cada un, co máximo de catorce puntos
PROXIMIDADE DOMICILIO FAMILIAR
Área de influencia: 8 puntos
Limítrofes: 4 puntos
PROXIMIDADE LUGAR DE TRABALLO
Área de influencia: 6 puntos
Limítrofes: 3 puntos
RENDA ANUAL
Inferior a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos
Igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos
Igual ou superior a 0,75 e inferior ao IPREM: 1 punto
Igual ou superior ao IPREM: 0 puntos
PERSOA PROXENITORA, TITORA OU ACOLLEDORA TRABALLADORA DO CENTRO: 3 puntos
FAMILIA NUMEROSA
De categoría especial: 3 puntos
De categoría xeral: 2 puntos
IRMÁNS NADOS DUN PARTO MÚLTIPLE: sempre que soliciten o mesmo centro, corresponderalles 8 puntos se son dous e 10 puntos se son máis de dous.
FAMILIA MONOPARENTAL: 2 puntos
DISCAPACIDADE
Do alumno: 4 puntos
Do pai / nai / titor: 3 puntos
Irmáns: 1 punto cada un
VÍTIMA DE VIOLENCIA DE XÉNERO: 2 puntos
VÍTIMA DE TERRORISMO: 2 puntos
CRITERIO COMPLEMENTARIO: 1 punto
ADSCRICIÓN:
O CPR Santo Tomás é un centro de adscrición ao IES Ribeira do Louro, de acordo coa resolución da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de data 18 de marzo de 2014.
AREA DE INFLUENCIA E ÁREAS LIMÍTROFES:
A área de influencia de influencia do CPR Santo Tomás abrangue a parroquia de San Salvador de Torneiros ata a vía do tren cara o casco urbano e delimitada pola estrada PO-331 (O Porriño - Gondomar) incluíndo os barrios de A Relva, A Florida, A Mota, O Contrasto e A Abeleira... e delimitada polo ruta de transporte escolar establecida na actualidade.
Por outra banda está formada cos límites establecidos polos POLÍGONOS 1, 2 e 5 da parroquia de San Rosendo de Torneiros.
Para ver o mapa de influencia pinchar aquí.