Imagen2

Imagen40

Extraescolares

extras

Campamento

Imagen60

Covid-19

      Covid-19

Contido Xeral

Contido Xeral (140)

Co gallo da celebración do Día da Biblioteca, 24 de Outubro, os alumnos/as de 1º de Ed. Primaria desfrutarán da sesión de animación á lectura “Cuéntame un cuento” na que un papagaio, un poliño e moitas personaxes mais os acompañarán durante as primeiras horas do venres 22 de outubro.

Debido ás previsións meteorolóxicas, a saída de mañá xoves día 21 de outubro, dos alumnos/as de 4º de Ed. Infantil (3 anos) ao parque “A Canuda” en Salvaterra, queda aprazada.

 

O vindeiro venres día 22 de outubro, os alumnos/as de 5º de Ed. Primaria terán unha saída ao parque “A Canuda” en Salvaterra, en horario de mañá.

Deberán levar a merenda e unha máscara de reposto nunha mochila pequena de espalda, e teñen que vir vestidos co chándal e a camiseta do colexio.

O vindeiro xoves día 21 de outubro, os alumnos/as de 4º de Ed. Infantil (3 anos) terán unha saída ao parque “A Canuda” en Salvaterra, en horario de mañá.

Deberán levar a merenda e unha máscara de reposto nunha mochila pequena de espalda, e teñen que vir vestidos co chándal e a camiseta do colexio.

Debido ás previsións meteorolóxicas, a saída do vindeiro mércores día 20 de outubro, dos alumnos/as de 1º ESO a Monteferro, queda aprazada.

 

O próximo martes 19 de outubro os/as alumnos/as de 4º de EP realizaremos unha saída lúdico-didáctica durante a mañá a Esteiro de Miño (A Guarda).

Esteiro do Miño é unha extensa zona húmida de grande valor ecolóxico situada na Guarda e pertencente a Rede Natura.

A ruta comezará en Salcidos e percoreremos 3,5 km durante os que aproveitaremos para realizar unha observación ornitolóxica para coñecermos algunhas aves costeiras (limicolas, anátidas) e así poñer en práctica e coñecer directamente o tema que estamos a estudar na área de ciencias naturais.Tamén tentaremos entender como se crean os esteiros nas desembocaduras, flora, fauna e algunha edificación que forma parte do noso patrimonio histórico.

O horario de saída é ás 9:00 e a chegada é ás 13:30 h. Os nenos e nenas deberan levar calzado e roupa deportiva (non é preciso levar o chándal para esta saída) e un chuvasqueiro, así como a merenda de tódolos días e o Kit Covid NUNHA MOCHILA DE POÑER A ESPALDA.

O vindeiro mércores 20 de outubro, os alumnos/as de 1º de Ed. Primaria terán unha saída ao Centro Hípico “Alazán” en Mos en horario de mañá.

Teñen que vir vestidos co chándal e a camiseta do colexio.

O vindeiro martes 19 de outubro os alumnos/as de 3º de ESO terán unha saída ao CUVI para realizar unha actividade de paintball.

Os alumnos/as de 1º de ESO A e B terán unha saída a Monteferro para realizar unha actividade de orientación nun entorno natural único.

A saída está preparada para o mércores 20 de outubro pero se as condicións climatolóxicas son adversas tratarase de realizar esta actividade nunha data o máis próxima posible.

En todo momento os alumnos/as estarán baixo a supervisión dos profesores do centro e dos monitores que dirixen a actividade.

A saída levarase a cabo dentro do horario escolar. 

Os/as alumnos/as deberán traer roupa e calzado deportivo e portar so unha pequena mochila coa merenda, unha botella de auga e o kit covid.

 

O vindeiro luns 18 de outubro os alumnos/as de 3º ESO participarán nun obradoiro informativo sobre o uso axeitado das novas tecnoloxías, titulado “CIDADANÍA DIXITAL; SEGUROS NA REDE”

Esta actividade está financiada polo Concello de Porriño, e cumpre coas medidas de protección e prevención incluídas no Protocolo Educativo Covid-19.

Página 1 de 10